Noticias

Zouma Records estará presente durante os próximos días en diferentes actos conmemorativos das letras galegas, presentando o traballo “Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro”. Están confirmadas as seguintes datas:
12 de Maio ás 18:00 h. na Livraría Torga (Ourense)
13 de Maio ás 21:00 h. no Local Multiusos de Salcedo (Pobra de Brollón)
17 de Maio ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Sarria
19 de Maio ás 19:00 h. na Libraría Couceiro (Santiago de Compostela)
“Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro” é unha aproximación á poesía de Lois a través da palabra, a música e a imaxe. Un traballo no que Alexandro González pon música a oito textos do poeta, que son recitados por persoas do mundo da cultura galega como son Uxía Senlle, Luis Iglesia, Xosé Luis Rivas “Mini”, Xabier Deive, Lino Braxe, Julian Hernández e Antón Patiño. A edición conta ademais coas ilustracións de Pedro Villarejo, que fai unha emotiva aproximación visual ao mundo de Lois, e os textos de Xosé Manuel Pereiro, no prólogo, e Lino Braxe, coa súa personal elexía a Lois Pereiro.
“Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro”. ZRLCDO066. 2011 Zouma Records.
Música: Alexandro González
Ilustracións: Pedro Villarejo
Textos: Xosé Manuel Pereiro, Lino Braxe, Alexandro González
Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com






















