Treixadura puxo en pé ao auditorio mar de vigo na súa presentación do novo disco Esa si que é muiñada

Imprimir zoumarecords - 19-Diciembre-2011 -  

Treixadura en Vigo

O Auditorio Mar de Vigo encheuse o sábado, 17 de decembro, para asistir á gala que a Fundación INADE, Instituto Atlántico del Seguro, organizou baixo o título “Gracias a ti”.

 

Treixadura fixo un repertorio baseado no seu novo disco “Esa si que é Muiñada” e no que, ademais, se escoitaron outras pezas xa coñecidas do seu repertorio histórico. Houbo tamén algunhas sorpresas montadas expresamente para esta ocasión, como a participación de varias parellas de baile do grupo “Froles Mareliñas” en diferentes momentos do concerto, e ademais a estrea da panxoliña “A campá que resoa”, como agasallo especial para un público que vibrou emocionado escoitando a estes mestres da nosa música e do noso canto tradicional.

Dende 1990 TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando aos seus 15 compoñentes, que teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos publicados, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO: “Esa si que é muiñada” é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.

Para desenvolver este proxecto o grupo contou coa colaboración dos coros decanos galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra”  (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), a “Coral De Ruada”  (Ourense) e tamén coa “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, Pontevedra)


(0)  Comentarios

Si desea escribir comentarios puede crear una cuenta aquí.


Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com

© 2010 Zouma - Musica folk e tradicional de Galicia - Celtic folk music from Galicia - Todos los derechos reservados | Acceso privado| Mapa web
ACV Galaica