Noticias

Dende Zouma queremos desexarvos unha boa semana das Letras Galegas, un tempo de reflexión e posta en valor da nosa lingua e da nosa cultura. Vaia o noso gran de area para seguir adiante nesta continua tarefa en prol da música galega.
Quempallou presenta Vellas Novas na Fábrica de Chocolate en Vigo. O mércores 16, a partires das 22:30, o grupo ofrecera un concerto que será retransmitido en directo a través de Radio Galega Música.
Riobó e Assembly Point nominados aos Premios Opinión da música Folk. Na gala que se celebra o día 16 ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro en A Coruña coñeceranse os gañadores. Na lista de posibles, dentro das súas tres categorías, figura Riobó, no apartado de mellor artista, e Assembly Point, nominados a mellor disco e mellor tema por “Jumping Bits”.
Treixadura presenta Esa si que é Muiñada no Pazo da Cultura de Narón. O vindeiro xoves, 17 de maio ás 20:00 h Treixadura actuará no auditorio do Pazo da Cultura de Narón. Este concerto enmárcase nunha xira de inverno/primavera que xa os levou ao Auditorio Mar de Vigo (Vigo), o Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra), o Auditorio Municipal de Vilagarcía e o Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Actualmente están pechando concertos para unha xira de verán por toda a xeografía galega.
Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com