Noticias
Quempallou entra no estudio para a gravación do seu terceiro traballo discografico
Quempallou comezóu o pasado venres, día 2 de Marzo, a gravación do seu esperado terceiro traballo discográfico. Un disco que conterá innumerables sorpresas, así como distintas colaboracións con distintos artistas e comunicadores galegos. Dende aquí iremos comentando todo o que vaia sucedendo.
Unha nova proposta, ben pensada e traballada, que ofrecera o lado máis creativo do grupo. Máis de 12 temas, radiados boa parte deles polos traballadores de Radio Quempallou, a nosa particular sintonía POLO AIRE. E xa sabedes, a primeiros de Maio poderedes mercar este traballo e ver a Quempallou en directo polas salas de toda Galiza. Tamén teremos nova Güeb, e moitas sorpresas.

Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com



















