De bar en bar (Os poemas prohibidos) significa a volta de Caneiro á poesía e, tamén, o seu regreso ao panorama literario, que abandonou en 2003 coa novela Ámote. É un traballo inusual dentro do mundo discográfico e cultural galego. Vintedous textos capaces de emocionar a quen os escoite. Poemas que falan de amor, de resistencia, de entusiasmos, do país, das paixóns, da melancolía, da noite e dos afectos. Acompañado por Xosé Manuel Salgado (guitarra) e Manolo Garrido (flauta), compositores da maioría dos temas, a voz de Caneiro penetra nos sentidos e eleva, envolve, crea un vínculo sentimental profundo. Estamos seguros de que se trata dunha obra, única, que será capaz de conquistar a públicos de todas as idades, dende melómanos a persoas que gocen coa música actual e, fundamentalmente, coa poesía que vai directa ao corazón. As pezas inspíranse en influencias clásicas e, tamén, nas músicas máis avanzadas e contemporáneas. A súa posta en escea, nos directos, é unha reivindicación da sensibilidade e da emoción máis profundas. Un grito a favor da arte e da vida, en indisoluble unión.