Otros Artistas - " Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro "
Zouma Records súmase ás homenaxes no ano das letras dedicado a Lois Pereiro, coa edición dun Libro-CD que leva por título “Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro”. Unha aproximación á poesía do autor a través da palabra, a música e a imaxe.

No traballo, Alexandro González pon música a oito textos do poeta, que son recitados por persoas do mundo da cultura galega como son Uxía Senlle, Luis Iglesia, Xosé Luis Rivas “Mini”, Xabier Deive, Lino Braxe, Julian Hernández e Antón Patiño. A edición conta ademais coas ilustracións de Pedro Villarejo, que fai unha emotiva aproximación visual ao mundo de Lois, e os textos de Xosé Manuel Pereiro, no prólogo, e Lino Braxe, coa súa personal elexía a Lois Pereiro.

Unha coidada edición de 52 páxinas, con tapas duras e CD incluído, que nos transporta ao mundo de Lois Pereiro cunha selección de oito poemas musicados e ilustrados dende a propia esencia da súa poesía.


“Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro”. 2011 Zouma Records.

Música: Alexandro González
Ilustracións: Pedro Villarejo
Textos: Xosé Manuel Pereiro, Lino Braxe, Alexandro González


Título   Duración
1Contra a morte o amor que vai comigoEscuchar
2Sospeita
3Desde a superficieEscuchar
4Unidireccional
5Mala sorte
6Que lle podo ofrecer a quen me intente?Escuchar
7A túa presencia
8Poderíano escoller como epitafio

Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com

© 2010 Zouma - Musica folk e tradicional de Galicia - Celtic folk music from Galicia - Todos los derechos reservados | Acceso privado| Mapa web
ACV Galaica