O Camiño 

Biografía
“ O CAMIÑO “ é un musical a cabalo entre a lenda e a realidade. De Roncesvalles ata Santiago peregrinos de toda Europa comezan a camiñar en dirección á capital galega.
Aquela que foi unha igrexa de ladrillos de barro foi pouco a pouco converténdose nunca catedral de grandes proporcións,sempre rodeando o lugar onde se atopou ó arca cos restos sagrados do Apóstolo Santiago. Xurdiu unha nova terminoloxía, a do peregrino, viaxeiro a Compostela. O peregrino acostumaba ser unha víctima apetecible do camiño, solitario e pouco coñecedor do terreo, e de timadores e rufiáns.

O camiñante vai indefenso polo camiño sendo partícipe e testemuña das costumes, lugares, xentes, paisaxes e perigos. Entender o significado desta viaxe é dar sentido ó “ CAMIÑO ”….


BREVE SINOPSE

O CAMIÑO relata as aventuras dun peregrino que de súpeto esperta en Roncesvalles desconcertado sen saber que é. Ó preguntar á xente que pasaba por alí estes ofrécenlle a súa propia experiencia, son peregrinos, e si se atopa alí probablemente tamén o sexa. A pesares do seu escepticismo sinte que debe camiñar con eles e comezar a súa viaxe.

No transcurso da historia o peregrino pasará polas distintas etapas do camiño, e atopará nel un símbolo revelador da vida, o home e os seus sonos. Cada momento de busca verase envolto dun milleiro de sensacións, e será tamén momento de encontro co amor, a natureza, o perigo, a morte…

Forxará o camiñante a súa lenda persoal tras comprobar toda a súa aprendizaxe na viaxe. O final do longo camiño atopará a resposta a tódalas súas dúbidas.

Haga click en la foto para ampliar

Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com

© 2010 Zouma - Musica folk e tradicional de Galicia - Todos los derechos reservados | Acceso privado
ACV Galaica