Noticias
SOAS é unha combinacion íntima, máxica e de luxo proposta por dous dos grandes nomes da música galega: Rosa Cedrón e Cristina Pato.
Rosa Cedrón, quen ven de colaborar con Mike Oldfield e Cristina Pato quen tamén ven de colaborar con Yo-Yo Ma e a Chicago Symphony entre outros, son sen ningunha dúbida as artistas galegas con máis proxección internacional.
A imponente voz de Rosa Cedrón, quen deixou Luar na Lubre para levar a cabo a suas propias inquietudes e publicar o seu disco “Entre dous mares” únese agora co alter ego pianístico de Cristina Pato, quen en 2006 lanzou o seu primeiro disco como pianista “From Russia To Brazil, Spanish and Latin American songs for Voice and Piano” coa mezzo canadiana Patrice Jegou.
SOAS é unha xira conxunta na que as duas divas da música galega farán un repaso por tema propios e alleos, e no que a introspección e a intimidade farán as delicias dos melómanos.
Para velas en directo consulta a seccion de Concertos da web www.pato-jegou.com

Rúa do Paseo, 30 - of. 7 _ 32003 Ourense - Tlf. 988 240 248 - Fax 988 223 780 - info@zoumarecords.com
© 2010 Zouma - Musica folk e tradicional de Galicia - Celtic folk music from Galicia - Todos los derechos reservados | Acceso privado| Mapa web